jueves, 11 de julio de 2013

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO DO ABANDONO ESCOLAR


XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO DO ABANDONO ESCOLAR


 

Dacordo  coa ORDE do 26 de abril de 2013 pola que se establecen as bases e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar nos concellos de Galicia para o ano 2013. Na que se pretende  favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral ao alumnado e, ao mesmo tempo, promover o esforzo compartido de toda a comunidade educativa na procura do éxito escolar e na redución do abandono temperán dos estudos por parte da nosa mocidade.

A viavilidade da realización de aulas de preparación de probas de acceso a ciclos de formación profesional pódense levar a práctica xa que:

·         O Concello conta coas instalacións adecuadas para o seu desenrolo nas aulas de preparación.

·          Ten alumnado que abandonou ou está en risco de abandono do sistema educativo no que fomentaríamos a  mellora na adquisición de competencias básicas.

·         Conta co alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social no que favoreceremos a súa atención educativa.

·         Para favorecer esta preparación das probas de acceso impulsaremos unha coordinación entre organizacións e institucións.

 

O ministerio define o abandono escolar como a porcentaxe da poboación que non completou o nivel de educación secundaria de segunda etapa e que non segue ningún  tipo de educación-formación. As cifras de fracaso e abandono escolar en España son moi elevadas. A pesar delo,  na LOE apenas se atopan diferencias na redacción de aspectos que afectan a recuperación dos alumnos que non acadan os obxetivos fixados na educacion obrigatoria. O eixe principal da escolarización universal era a atención a diversidade, sen embargo, os profesores atopáronse con serias dificultades para atendela. Moitos alumnos con dificultades foron promocionados automáticamente, sen adaptación do currículum, e con pouco ou ningún apoio. O que lles conduce a repetición en cursos posteriores como única estratexia de recuperación. Dada esta relación, e dada as elevadas cifras de abandono escolar, a pertinencia da presente convocatoria ten en conta estos aspectos concretos intentando levar a práctica a intención da LOE.




Tendo en conta que en España o  porcentaxe de abandono escolar  é dun 30% e en Galicia dun 23,1% a previsión de resultados que se esperan acadar seria situar a taxa de abandono escolar por debaixo dun 10%, adaptándonos os obxetivos fixados pola Declaración de Lisboa 2000; polo que respecta os aspectos cualitativos búscase:
1.      Adquisición duns hábitos de aprendizaxe ao largo da vida.

2.      A súa integración no mercado laboral.

3.       Evitar da exclusión social.

4.      O éxito educativo para todos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario