lunes, 8 de julio de 2013

XUSTIFICACIÓN CONVOVATORIA DE PROGRAMAS, BOP NÚMERO 239






XUSTIFICACIÓN  CONVOVATORIA DE PROGRAMAS,  BOP NÚMERO 239

Convocatoria de apoio á cultura e o deporte dirixido a entidades e concellos locais 2013

1.      ¿A quén vai dirixido?

2.      ¿Por qué  adecúase  a esta convocatoria?

3.      ¿Por qué é necesario para a sociedade? ¿Por qué é importante o TL?

4.      ¿Por qué vai ser importante para os meus destinatarios?

Segundo o disposto no BOP    239, de 17 de decembro de 21012, ao abeiro da convocatoria de “Programas de apoio á cultura e o deporte, dirixidos a concellos e outras entidades locais durante o ano 2013”, os destinatarios serán os xóvenes  da provincia da Coruña.

O propósito do noso proxecto é o de proporcionar ós usuarios/as unhas ferramentas válidas que lles faciliten a intervención e a recuperación do noso patrimonio histórico-cultural e artístico tendo sempre en conta que dita intervención ha de ir máis alá do mero entretemento, ha de ser integral, afectando todos os aspectos da persoa.  Tamén pretendemos  crear unha cadea de comunicación sociocultural entre os diferentes centros educativos da comarca da Coruña. Pasando así a convertirse nun proxecto de vida e a fundamentarse nunhas opcións persoais, pasando a ser un estilo de ver e de vivir a historia alá onde estemos.

Xurde como resposta ás actuais demandas da sociedade da información  no que o fenómeno do ocio e o tempo libre, experimentou un crecemento e unha incidencia social sen precedentes. Ambos ocupan un lugar predominante nos novos modos de vida e convertéronse nun tema con dimensión educativa, cultural, social, consumista e política. Disponse dun tempo que conleva problemas e necesidades socio-culturales, entre elas a necesidade de intención pedagóxica: educar para o tempo libre, conseguir “estar libre no tempo”, creando un ocio dende unha vertente positiva que xenere enerxías dese mesmo signo que o converten nunha fonte de mellora cualitativa. Pensamos que este proxecto adecúase ó  contexto do entorno social, histórico e xeográfico dos destinatarios, adaptando este  proceso de ensino-aprendizaxe ás diferentes  e necesidades desta mocidade galega, en función dos recursos que se dispoñen. 

Este proxecto vai a ser importante para os xóvenes porque é una secuencia de tarefas planificadas con intencionalidade práctica e produtiva e que pretende acadarse a través dun traballo colaborativo. É un proceso de construción permanente que se realiza de forma colectiva na cal poden estar involucrados país de familia, docentes, concellos e por suposto os mozos/as para a resolución dos problemas relacionados co entorno social e cultural. Mediante a posta en práctica deste proxecto os mozos/as actuaran de forma crítica y reflexiva, contrastando experiencias cos demais compañeiros/as.

Mediante este proxecto, búscase  o desenrolo integral dos mozo/as, tendo en conta aspectos básicos da evolución persoal como son os de orde físico, sensorial, socio-emocional e intelectual; por isto, enfócase cara  unha restructuración dos valores e actitudes de cidadanía que lles permita obter un mellor ben estar e calidade de vida. Contribuirase a unha socialización e interacción directa a través das experiencias persoais e de maneira individual e colectiva.  Polo tanto, melloraremos as súas necesidades e a das súas familias, ademais do resto da cidadanía.
 
 
 

AXENTES IMPLICADOS NO PROXECTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario